InicioPolíticaFeijóo rexeita "perder o tempo" no "sainete" de críticas de Abel Caballero:...

Feijóo rexeita “perder o tempo” no “sainete” de críticas de Abel Caballero: “Dediqueime a Vigo e cumprín”

O aínda presidente da Xunta destaca entre os seus logros a construción do hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou este xoves “perder o tempo” en responder as acusacións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e defendeu que se dedicou á cidade, coa que cumpriu “”.

Así respondeu, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta celebrado na cidade, a preguntas dos medios sobre as críticas do rexedor vigués e sobre a posibilidade de que, coa súa marcha da Xunta, se rebaixe o clima de confrontación.

“Eu dediqueime a Vigo durante 13 anos de presidencia da Xunta e cumprín con Vigo”, aseverou, e lembrou que levou a cabo as grandes actuacións anunciadas nos seus programas electorais para a cidade. Así, repasou algúns dos investimentos realizados nos últimos anos, como a construción do hospital Álvaro Cunqueiro, a achega para a nova depuradora, ou o impulso ao sector da automoción e do naval, “con carga de traballo, agás dous estaleiros”.

Por iso, afirmou que non vai perder ” moito tempo nisto”, porque se dedica “aos cidadáns de Vigo, a nada máis”. “Isto é aburrido, e os primeiros aburridos son os cidadáns de Vigo. Eu non vou formar parte do sainete”, resolveu.

Abel Caballero reclámalle á Xunta máis de 2.000 millóns de euros

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...