InicioSociedadeVigo acollerá a partir deste venres o III Foro Internacional en Enfermidades...

Vigo acollerá a partir deste venres o III Foro Internacional en Enfermidades Inmunomediadas

PUBLICADO O

Vigo acollerá este venres e sábado, 22 e 23 de abril, o III Foro Internacional en Enfermidades Inmunomediadas, que reunirá a máis de cen profesionais das especialidades de Reumatoloxía, Dermatoloxía e Aparello Dixestivo involucrados no manexo de ditas doenzas co fin de compartir innovación, experiencias e mellores prácticas cunha visión de futuro.

Tal como indicou o xefe de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e presidente do Comité Científico de InmuneVigo, Ceferino Barbazán, este foro ofrece un programa onde clínicos, pacientes, xestores e industria farmacéutica poden axuntar esforzos e crecer en aras de proporcionar unha asistencia integral de maior calidade.

Nun comunicado, InmuneVigo explicou que os seus obxectivos son fomentar o traballo colaborativo entre as distintas especialidades implicadas nas enfermidades inmunomediadas, así como coñecer experiencias de éxito a nivel nacional e internacional e cocrear novas iniciativas que melloren a interrelación e efectividade diaria.

Por iso, no encontro compartiranse e debaterán as últimas estratexias terapéuticas, novidades farmacolóxicas e técnicas diagnósticas nas patoloxías inmunomediadas e darase voz aos cidadáns para que trasladen as súas inquietudes sobre as patoloxías que sofren.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...