InicioVigo e contornaVigoO PP de Vigo critica que o Concello non destine "nin un...

O PP de Vigo critica que o Concello non destine “nin un só euro” para promocionar a cidade na Semana Santa

Os 'populares' lamentaron que os turistas que visiten a urbe estes días atoparanse cunha oficina de información nun antigo almacén, "entre valos de obra e baixo unha ponte".

PUBLICADO O

O portavoz do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, criticou este mércores que o Concello olívico non destine “nin un só euro” á promoción turística da cidade esta semana Santa.

Nun comunicado, os ‘populares’ lamentaron que os turistas que visiten a urbe estes días atoparanse cunha oficina de información nun antigo almacén, “entre valos de obra e baixo unha ponte”. Para Marnotes, trátase dunha “pésima” carta de presentación.

Se hai uns días o portavoz municipal do PP denunciaba o “deplorable” estado no que se atopa a rúa López de Neira, este mércores puxo o foco na Oficina de Turismo Municipal, que se localiza nesa mesma zona e que “por non ter non ten nin información sobre as procesións que están previstas nin sobre as rutas guiadas dispoñibles para estes días festivos”.

Ao fío, esixiu avances no acondicionamento do baixo alugado en López de Neira 8, anunciado para a futura localización desta oficina, “pola que os vigueses levan pagando sete meses sen que ninguén a ocupe”. “Máis de 10.000 euros de aluguer por un espazo que permanece pechado e sen previsión de cando vai poder abrir”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...