InicioVigo e contornaVigoVigo destinará case 2,4 millóns de euros para humanizar as rúas Martínez...

Vigo destinará case 2,4 millóns de euros para humanizar as rúas Martínez Garrido e Castelao

O prazo de execución é de sete meses.

PUBLICADO O

A xunta de goberno local do Concello de Vigo acaba de aprobar a adxudicación de case 2,4 millóns de euros para a fase IV da humanización da rúa Martínez Garrido e para un tramo de 480 metros de Castelao, entre Martín Echegaray e Darío Durán. Tal como informou na súa rolda de prensa diaria o alcalde, Abel Caballero, destinaranse máis de 1,2 millóns de euros para acabar coa humanización de Martínez Garrido, entre os números 1 e 33, sumando xa preto de cinco millóns no total da rúa. O prazo de execución é de sete meses.

Pola súa banda, 1,17 millóns de euros irán parar á avenida Castelao, cun prazo de execución de nove meses. En Martínez Garrido renovarase a rede de abastecemento, os colectores de saneamento e as instalacións de pluviais, así como a rede semafórica, o mobiliario ou a sinalización. Pola súa banda, en Castelao mellorarase a seguridade e darase máis visibilidade aos peóns, entre outras accións.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...