InicioSociedadeA estudo a creación dunha aldea modelo no Porriño

A estudo a creación dunha aldea modelo no Porriño

Segundo trasladou a Consellería do Medio Rural nunha nota de prensa, os servizos técnicos do departamento avaliarán a idoneidade de diversas localizacións para a posta en marcha desta iniciativa, que se enmarca na Lei de recuperación de terra agraria de Galicia.

PUBLICADO O

A Xunta estudará a posibilidade de desenvolver un proxecto de aldea modelo no concello pontevedrés do Porriño. Así o acordaron este martes o conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde da localidade, Alejandro Lorenzo.

Agora, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural nunha nota de prensa, os servizos técnicos do departamento avaliarán a idoneidade de diversas localizacións para a posta en marcha desta iniciativa, que se enmarca na Lei de recuperación de terra agraria de Galicia.

As aldeas modelo teñen como obxectivo fomentar “o aproveitamento agroforestal do perímetro do núcleo de poboación”, co fin de xerar actividade nesa franxa e desa maneira contribuír á dinamización das terras”. Á súa vez, pretende contribuír á anticipación aos incendios forestais.

Na reunión mantida este martes, o conselleiro e o rexedor tamén abordaron a cooperación entre ambas as institucións en materia de prevención de incendios, en particular no que respecta aos labores de roza mecanizada para o control da biomasa.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...