InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo un mozo tras agredir á súa exparella no interior...

Detido en Vigo un mozo tras agredir á súa exparella no interior dun bar

Chegou a ameazala cunha botella rota.

PUBLICADO O

Un mozo, G.S.R. de Brasil e 25 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado venres tras agredir á súa exparella no interior dun bar situado na rúa Travesía de Vigo da cidade olívica. Así, segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 02,30 horas, cando os axentes foron alertados de que se estaba producindo unha discusión de parella nun local, na que o home estaba a ameazar á muller cunha botella rota.

Unha vez no lugar, os actuantes atoparon á vítima, de Vigo e 20 anos de idade, que explicou que mantivera unha relación sentimental co mozo ata facía dous meses. Ese día quedaran e iniciouse unha discusión entre ambos. No transcurso da mesma, el propinoulle un bofetón no rostro e ameazouna.

Varias testemuñas apoiaron a declaración da vítima, engadindo que o agresor se ausentou do lugar, volvendo cunha botella rota e ameazando novamente á moza, para acto seguido fuxir ao decatarse do aviso á Policía. Así, o mozo foi localizado na rúa Mestre Chané, recoñecendo manter unha discusión pero negando a agresión. Foi detido pola suposta comisión dun delito de Violencia de Xénero.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...