InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Vigo achega 10.000 euros para axudar na...

O Banco de Alimentos de Vigo achega 10.000 euros para axudar na guerra de Ucraína

A ONG xa está a atender a un "bo número" de persoas refuxiadas chegadas a toda a provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo transferiu 10.000 euros á Federación Española de Bancos de Alimentos, que á súa vez enviará á Federación Europea de Bancos de Alimentos, para axudar sobre o terreo a paliar as necesidades máis urxentes provocadas pola guerra de Ucraína.

Segundo indicou Banco de Alimentos nun comunicado, esta achega económica, con cargo ás súas propias reservas, será recibida pola Federación Europea da ONG que traballa tanto en Ucraína como nos países máis afectados, como Polonia, Eslovaquia, Moldavia e Romanía.

Así, os seus Bancos de Alimentos xa recibiron ata 800.000 euros para cuestións como loxística, transporte, equipamento, persoal temporal e compra de alimentos.

Vigo é un dos 54 Bancos de Alimentos asociados á Federación Española de Bancos de Alimentos que segue apoiando a campaña ‘#TodosConUcrania’ con achegas virtuais, polo que a dirección considera que o envío de diñeiro é a maneira “máis efectiva” de axudar, “ante a dificultade de enviar alimentos físicos”.

En canto ás persoas refuxiadas chegadas á provincia de Pontevedra, a ONG xa está a atender a un “bo número” deles, a través dos colectivos sociais cos que traballa. Hai unha semana, o presidente, Iván Martínez, púxose en contacto con máis de 150 entidades homologadas para trasladarlles a “disposición absoluta” ante o incremento dos seus beneficiarios, froito dese éxodo obrigatorio de persoas.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...