InicioSociedadeSeis colexios de Vigo participan nun programa para coñecer o patrimonio do...

Seis colexios de Vigo participan nun programa para coñecer o patrimonio do Camiño

A iniciativa pretende recuperar o patrimonio inmaterial e achegar o intercambio cultural a través da tradición oral á rapazada.

PUBLICADO O

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este venres ao alumnado do colexio Escultor Acuña da cidade olívica, onde participou na actividade do programa ‘Vexo, vexo Xacobeo’, para dar a coñecer o patrimonio do Camiño de Santiago.

“Estamos ante unha excelente actividade para que os máis pequenos coñezan o noso patrimonio e para a posta en valor do Camiño de Santiago, que constitúe unha canle extraordinaria para o intercambio cultural entre o noso territorio e o resto de Europa, de forma que permite promover o interese e o respecto cara outras culturas, recoñecendo ao mesmo tempo a riqueza dos seus signos de identidade”, indicou Fernández-Tapias.

No caso da área de Vigo, o programa levarase a cabo nun total de seis colexios, polo que case 500 alumnos de Infantil e Primaria participarán nel. Segundo explicou a Xunta nun comunicado, ‘Vexo, vexo Xacobeo’ naceu en 2021 para divulgar, sensibilizar e promover os Camiños de Santiago e o Ano Santo Xacobeo a través do conto, a lectura e a teatralización.

A delegada da Xunta explicou que a iniciativa pretende recuperar o patrimonio inmaterial e achegar o intercambio cultural a través da tradición oral á rapazada.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...