InicioSociedadeO Concello de Vigo asina un convenio con ADIF para conectar Canadelo...

O Concello de Vigo asina un convenio con ADIF para conectar Canadelo Baixo con García Barbón

Trátase dun intercambio de dúas parcelas que "resolverá un problema enquistado na cidade", asegura Abel Caballero.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo prevé asinar dentro de dous meses un convenio patrimonial co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) para a adquisición de chan público nas inmediacións da rúa Serafín Avendaño que permitirá abrir unha nova vía de comunicación entre a rúa Canadelo Baixo con García Barbón.

Tal como indicou na súa rolda de prensa diaria o alcalde, Abel Caballero, en virtude do dito convenio o Concello adquire unha parcela en Serafín Avendaño de 540 metros cadrados e un valor de 253.520 euros, que permuta con ADIF por unha parcela municipal de 534 metros cadrados situada na rúa Aragón, cun valor de 251.200 euros.

“Trátase dun intercambio de dúas parcelas dun valor similar”, indicou o rexedor olívico, que destacou que esta cesión “resolverá un problema enquistado na cidade”.

Ademais desta permuta, o convenio establece a cesión anticipada de uso provisional e gratuíto doutras dúas leiras, unha situada na rúa Canadelo Baixo, de máis de 2.000 metros de superficie, sobre a que se abrirá unha vía de 16 metros de ancho que unirá Canadelo Baixo con García Barbón, utilizando o trazo do antigo ferrocarril de baixada ao Porto de Vigo.

Unha segunda leira, situada na rúa Callao de 780 metros cadrados, tamén será cedida para mellorar o acceso ás oficinas da dirección provincial de Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Con estas novas parcelas, o goberno municipal conectará o desenvolvemento entre Callao e Serafín Avendaño a través da nova rúa, “constituíndo unha alternativa de circulación paralela a García Barbón para chegar ata Isaac Peral”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...