InicioCulturaLola Índigo actuará o próximo 8 de agosto en Vigo

Lola Índigo actuará o próximo 8 de agosto en Vigo

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o próximo 8 de agosto actuará no auditorio de Castrelos da cidade Lola Índigo, o grupo capitaneado por Mimi Dobras, que traerá música e baile á urbe olívica.

Tal como destacou Caballero, trátase dunha artista “integral” con éxito “internacional” tras situarse con varias das súas cancións nos primeiros postos das listas musicais máis importantes.

Lola Índigo súmase así a Sebastián Yatra (13 de xullo), a Tanxugueiras (30 de xullo), a Leiva (4 de agosto), a Sting (6 de agosto) e a Home G (14 de agosto), que tamén actuarán en Castrelos este verán. O rexedor asegurou que aínda quedan datas por confirmar, como Nathy Peluso, que ela mesma anunciou nas súas redes sociais que visitará Vigo o próximo 24 de xullo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...