InicioVigo e contornaVigoEncriptar información con números ao azar: a última descuberta da UVigo

Encriptar información con números ao azar: a última descuberta da UVigo

O investigador Francisco Díaz Otero vén de lograr a patente por un sistema pioneiro en Europa.

PUBLICADO O

O investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación das Universidades de Vigo (atlanTTic), Francisco Díaz Otero, acaba de lograr unha patente internacional tras crear un xerador cuántico de números aleatorios para encriptar información.

Así, tal como informou a UVigo, este chip poderá empregarse para protexer información de Internet, ou tamén para simulacións industriais ou médicas, así como lotarías e apostas, entre outros usos. “En industria, o xerador poderá empregarse para simulacións de modelos nos que se necesiten xerar números aleatorios por exemplo en loxística, mecánica, animacións por computador… e en medicamento, é de gran utilidade en farmacoloxía ou en análise de mostras”, reivindicou Francisco Díaz.

En Europa, só existe un chip con funcións similares, aínda que o deseño de Díaz Otero é máis “sinxelo e seguro”. Para o investigador do grupo Antenas, Radas e Comunicacións ópticas é a súa primeira patente internacional. A gran novidade do sistema ideado polo investigador da UVigo é a incorporación da mecánica cuántica para xerar números aleatorios puros. Trátase dun chip de catro por seis milímetros, que poderá ser patentado a partir da avaliación internacional en calquera país do mundo.

Francisco Díaz é profesor de Sinal e Comunicacións Ópticas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, ademais de ser un dos investigadores promotores e impulsores do Center for Quantum Comunications Technology (QCTech), laboratorio especializado en comunicacións cuánticas e fotónica que se porá en marcha en Vigo nos próximos meses.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...