InicioPolíticaCaballero anuncia a gratuidade "total" das escolas infantís desde o próximo curso

Caballero anuncia a gratuidade “total” das escolas infantís desde o próximo curso

Sinala que non é certo que a Xunta oferte a gratuidade das súas escolas infantís porque non son gratis todos os servizos e porque están financiadas en parte polo Concello.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que, a partir do próximo curso, as escolas infantís municipais serán “100%” gratuítas, é dicir, que non se pagará nin pola docencia, nin polo servizo de comedor nin o transporte.

Así o trasladou nunha rolda de prensa na que lembrou que o Concello olívico destina cada ano máis de 2,3 millóns de euros para soster estas nove escolas e, ademais, debe pagar 205.000 euros para o financiamento das escolas infantís da Xunta (tras as sentenzas que desestimaron os recursos do Concello).

Por iso, sinalou que non é certo que o goberno galego oferte a gratuidade das súas escolas infantís porque non son gratis todos os servizos e porque están financiadas en parte polo Concello. “Que cara dura política dicindo que son gratis!”, proclamou o rexedor, que censurou a “propaganda e desvergoña” do goberno autonómico.

Así mesmo tamén criticou as declaracións do goberno galego sobre as áreas de rehabilitación, “simulando” que a Xunta destina case 4 millóns cando, desa cantidade, só achega un 11 %, sendo a administración que menos diñeiro pon, por detrás do Goberno, do Concello e dos propietarios dos inmobles a rehabilitar.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...