InicioEconomíaUn xulgado de Vigo exonera un matrimonio de pagar unha débeda de...

Un xulgado de Vigo exonera un matrimonio de pagar unha débeda de preto de 45.000 euros

A parella viuse afectada pola pandemia, de maneira que quedou só cunha nómina reducida por unha menor xornada laboral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia nº9 de Vigo exonerou a un matrimonio de pagar unha débeda de preto de 45.000 euros, con base na Lei da Segunda Oportunidade.

Segundo informa a Asociación de Axuda ao Endebedamento, este matrimonio viuse afectado pola pandemia, de maneira que quedou só cunha nómina reducida por unha menor xornada laboral, polo que non podía afrontar o pasivo co que contaba.

Para acollerse a ese procedemento de segunda oportunidade son obrigatorios algúns requisitos: a insolvencia do interesado, que a contía global da débeda non supere os cinco millóns de euros, o intento dun acordo de pagos (neste caso foi rexeitado polos acredores) e que non fose condenado por delitos socioeconómicos.

Unha vez comprobados estes supostos ditouse a resolución definitiva pola que se concede o Beneficio de Exoneración do Pasivo Insatisfeito (BEPI), que supuxo deixar a estes debedores libres dos 44.352,44 euros que tiñan que pagar.

Esta sentenza deixa sen cobrar nada aos acredores –entre eles Wizink, Caixabank, Cetelem e Sabadell– e permite á parella solicitar a exclusión de todo ficheiro de morosidade, explica esta asociación.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...