InicioVigo e contornaVigoA Xunta fai campaña contra o Concello de Vigo aproveitando as obras...

A Xunta fai campaña contra o Concello de Vigo aproveitando as obras de Navia

Como xa aconteceu coa intermodal, os cargos autonómicos da administración popular acusan ao consistorio de poñer paus na roda á mellora das condicións da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia avanza na construción do novo instituto de Navia, un proxecto que se fará realidade grazas a un investimento de case 12 millóns de euros, segundo indicaron este mércores o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que se desprazaron ata a parcela que acollerá o centro.

Na súa visita, onde estiveron acompañados tamén pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, ambos os conselleiros coincidiron en sinalar a importancia do instituto para a cidade e a súa comunidade educativa, polo que urxiron ao Concello de Vigo que axilice os trámites para que a obra poida empezar “canto antes”.

Co fin de axilizar a licitación do proxecto, a Xunta trasladoulle ao Concello unha proposta de colaboración entre ambos para materializar a cesión dos terreos e garantir os permisos municipais necesarios para a construción do instituto. Esta proposta está condicionada á aprobación, por parte do goberno local, dos proxectos de urbanización da ampliación de San Paio de Navia, onde se atopa a parcela do instituto. Neste sentido, Rodríguez confiou na “colaboración” das autoridades municipais.

Ademais, en abril sairá a licitación o segundo paquete de vivenda pública, que son 127 vivendas das 733 que terá este primeiro polígono e súmanse á licitación do primeiro proxecto de 78 vivendas públicas.

Así, o investimento autonómico para acondicionar o conxunto do ámbito ascende xa a 27 millóns de euros, unha cantidade que se incrementou nuns 2,4 millóns de euros debido, segundo explicou Vázquez, “á dilación, por parte do Concello, á hora de pronunciarse sobre a urbanización” e ao ter que adaptar o tres proxectos ás preferencias manifestadas “a posteriori” con relación a certos materiais.

 

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...