InicioVigo e contornaVigoA Policía Local de Vigo 'caza' dous xabaríns que se adentraran na...

A Policía Local de Vigo ‘caza’ dous xabaríns que se adentraran na cidade

Foron interceptados no parque de García Picher.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo, coa asistencia dun veterinario, localizou e capturou dous exemplares de xabaril que merodeaban pola cidade e que foron avistados polos veciños. Segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, varios veciños alertaron á Policía nas últimas horas da presenza destes animais en diferentes zonas da cidade, na contorna de Orillamar e a rúa Coruña.

Na mañá deste martes, axentes do 092 co apoio dun veterinario conseguiron cercar aos animais e pechalos no parque canino de García Picher. Alí, foron sedados e foron trasladados para a súa posterior reintegración no seu hábitat. O alcalde informou de que, tras o achado dos jabalíes, o Concello contactou coa Xunta, que ten “competencia exclusiva” para tratar este tipo de animais salvaxes. “Pero non estaban en disposición de atendernos e dixeron que non podían vir”, criticou Caballero, que repetiu que, “de novo”, el asumiu “as funcións de presidente da Xunta”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...