InicioSociedadeA Gala Vigueses Distinguidos celebrarase o 23 de marzo

A Gala Vigueses Distinguidos celebrarase o 23 de marzo

Enmárcase no programa de actividades da Festa da Reconquista.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo celebrará a Gala de Viguesas e Vigueses Distinguidos e a entrega da Medalla da Cidade o vindeiro mércores 23 de marzo, nun acto no Teatro García Barbón a partir das 20,00 horas.

Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Caballero, quen indicou que esta gala se enmarca dentro do programa de actividades previstas pola Festa da Reconquista de Vigo e ten o obxectivo de render homenaxe “ás persoas e institucións que tanto fan pola cidade”.

Ademais, como cada ano, o día 28 de marzo levarase a cabo na Praza da Independencia un acto no que se lerá un pregón de agradecemento á cidade. “Vigo honra a quen coopera e deféndea e non presta atención a quen a ataca”, indicou Caballero.

O rexedor puxo en valor a “gran celebración” da Reconquista que se fará no Casco Vello e que patrocina “practicamente na súa totalidade” o Concello.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...