InicioSociedadeEn marcha a primeira Operación Quilo do ano en 30 supermercados

En marcha a primeira Operación Quilo do ano en 30 supermercados

O 'Zampakilos Solidario', impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski, permite doazóns de comida ou achegas económicas.

PUBLICADO O

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará uns 375 voluntarios para poder levar a cabo este fin de semana o ‘Zampakilos Solidario’, a primeira Operación Quilo do ano que está impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski. Así, segundo anunciou Banco de Alimentos nun comunicado, a recollida desenvolverase este venres e sábado, día 11 e 12 de marzo, nunha trintena de supermercados de Vigo, Pontevedra, Redondela, O Porriño, Baiona, Marín, Lalín, Cambados e A Guarda.

Por zonas, uns 230 voluntarios participarán en Vigo, así como 15 en Pontevedra; 25 en Redondela; 30 no Porriño, e 15 nos municipios de Baiona, Marín, Lalín, Cambados e A Guarda. O ‘Zampakilos Solidario’ será a primeira Operación Quilo que se levará a cabo despois de dous anos nos que, por motivo da pandemia, rebaixáronse “substancialmente” este tipo de iniciativas.

“Ata antes do estalido da crise sanitaria, a nosa entidade adoitaba realizar de maneira asidua campañas presenciais nos supermercados, sendo unha fórmula moi eficaz en canto a provisión de produtos básicos se refire e, por tanto, de abastecemento inmediato dos almacéns de Vigo e Pontevedra”, explicou a asociación.

Tratarase dunha acción mixta, xa que as persoas poderán facer doazóns de comida nos supermercados adheridos ou tamén facer achegas económicas no pago en caixa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...