InicioSucesosInvestigan un matrimonio de Vigo por provocar accidentes en rotondas para cobrar...

Investigan un matrimonio de Vigo por provocar accidentes en rotondas para cobrar indemnizacións

Os investigadores da Policía Xudicial da Garda Civil e do Subsector de Tráfico comprobaron que os fraudes se remontan ao ano 2000 e que este matrimonio estivera implicado en 33 accidentes

PUBLICADO O

A Garda Civil investiga penalmente a un matrimonio de Vigo por un presunto delito de estafa, por provocar accidentes de circulación en rotondas co fin de cobrar indemnizacións dos seguros polos danos materiais e as lesións.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións iniciáronse cando unha aseguradora denunciou que, entre 2010 e 2020, este matrimonio reclamáralle danos de 13 sinistros, todos eles ocorridos en rotondas ou interseccións da cidade de Vigo, con resultado de lesións leves e danos materiais leves.

Os investigadores da Policía Xudicial da Garda Civil e do Subsector de Tráfico comprobaron que os fraudes se remontan ao ano 2000 e que este matrimonio estivera implicado en 33 accidentes. Nalgúns casos, chegaron a presentar ata catro reclamacións en distintas aseguradoras polo mesmo sinistro.

No marco da Operación Rotativo, a Garda Civil pescudou que o ‘modus operandi’ dos investigados era sempre o mesmo: chocaban lateralmente contra outro coche cando circulaban a pouca velocidade, o que causaba danos materiais de escasa consideración e que, aparentemente, non xustificaban as lesións que dicían padecer.

Horas máis tarde, ambos utilizaban unha ambulancia da empresa da que o marido era condutor eventual e, unha vez nos servizos de urxencias, referían doenzas difíciles de diagnosticar e ambiguos, como dores cervicais ou escordaduras, que os levaban a realizar tratamentos de rehabilitación. Coas facturas da ambulancia e informes médicos, solicitaban indemnizacións ás aseguradoras.

No último accidente, que motivou a denuncia dunha das aseguradoras, este matrimonio reclamaba máis de 8.000 euros en danos materiais e lesións corporais.

A Garda Civil identificou o matrimonio e notificoulles a súa condición de investigados por un suposto delito de estafa. As dilixencias foron entregadas no xulgado de instrución 8 de Vigo, onde deberán comparecer os implicados cando sexan requiridos.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...