InicioSociedadeTres persoas, trasladadas ao hospital tras ser atropeladas en Vigo mentres cruzaban...

Tres persoas, trasladadas ao hospital tras ser atropeladas en Vigo mentres cruzaban nun paso de peóns

Teñen 77, 82 e 85 anos de idade, respectivamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital Povisa de Vigo tras ser atropeladas mintas cruzaban por un paso de peóns na cidade olívica, segundo informou a Policía Local nun comunicado.

O suceso ocorreu sobre as 12,30 horas na rúa Doutor Corbal á altura do número 12, cando o condutor dun Volkswagen Touran atropelou a tres peóns de 77, 82 e 85 anos de idade, respectivamente.

Segundo manifestou o propio condutor, de 45 anos, debido a un descoido non se decatou de que estaban a cruzar peóns no paso habilitado para eles. Ata o lugar desprazouse unha unidade de Atestados da Policía Local, quen se fixo cargo da intervención e da investigación das causas. Os feridos foron trasladados a Povisa para o seu recoñecemento e asistencia médica.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...