InicioPolíticaA Xunta defende os cambios no padroado de Ifevi por ser de...

A Xunta defende os cambios no padroado de Ifevi por ser de “sentido común”

Con respecto ás críticas do alcalde de Vigo sobre a cesión de pavillóns para a instalación de pistas deportivas, a Xunta reiterou que o seu obxectivo é "fomentar a multifuncionalidad" do recinto e volveu a asegurar que este uso será compatible coa actividade feiral.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia defendeu o cambio de estatutos aprobado este xoves polo padroado do Ifevi, e que supoñen unha modificación no número de representantes de cada administración, e sinalou que “se trata de aplicar o sentido común”, xa que o goberno autonómico achega case o 90 % de financiamento neste organismo, polo que debe ter máis representantes no padroado.

Nun comunicado, e tras as críticas de Abel Caballero (que falou de “politización” e “colonización” do Ifevi), a Xunta lembrou que esta modificación vén dada pola obrigación de adaptarse a unha normativa de xaneiro do pasado ano, e foi adoptada, segundo marca a lexislación, “por maioría de voto dos membros do órgano de goberno, ponderado en función da porcentaxe de participación no fondo patrimonial das administracións, entidades ou institucións que os designasen”.

No caso do Ifevi, indicou, a administración autonómica achega 17,6 millóns de euros (un 89,45 %) e terá 10 membros no padroado; o Concello de Vigo, cunha achega de 1,7 millóns (un 8,58 %) terá un representante; igual que o resto de entidades: Deputación de Pontevedra (un 1,8 % do financiamento), Cámara de Comercio (0,06 %), Confederación de Empresarios de Pontevedra (0,06 %), e Mancomunidade (0,06 %).

Por outra banda, sinalou que o Consello de Contas emitiu un informe no que di que, nos padroados das fundacións públicas nos que a Xunta conte con maioría dotacional, debe ser esta administración a encargada de designar á maioría de membros. Nese sentido, apuntou que o proceso de modificación dos estatutos xa se levou a cabo noutros padroados de entidades feirais na Coruña, Ourense, Silleda e A Estrada.

En todo caso, aclarou que a modificación “tampouco supón o máis mínimo cambio na xestión do Ifevi”, porque o obxectivo segue sendo o de levar adiante todas as decisións “a través de acordos por consenso”. “Trátase simplemente de aplicar o sentido común: que a porcentaxe de votos de cada patrón sexa equivalente á súa achega económica ao padroado”, resolveron fontes autonómicas.

PISTAS DEPORTIVAS

Con respecto ás críticas do alcalde de Vigo sobre a cesión de pavillóns para a instalación de pistas deportivas, a Xunta reiterou que o seu obxectivo é “fomentar a multifuncionalidad” do recinto e volveu a asegurar que este uso será compatible coa actividade feiral.

“De feito, a día de hoxe, o pavillón 5 –onde está prevista a instalación das dotacións deportivas– só estase utilizando para Conxemar, polo que con este novo uso podería ter un mellor aproveitamento”, sinalaron fontes da Xunta, que engadiron que outros recintos apostaron por esa diversificación de usos, como as pistas de atletismo de Expourense ou o rocódromo de Lugo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...