InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero acusa á Xunta de "invadir" e "colonizar" o Ifevi

Abel Caballero acusa á Xunta de “invadir” e “colonizar” o Ifevi

Asegura que levará aos tribunais os pasos dados pola administración autonómica sobre o recinto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este xoves unha “invasión total” do padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) por parte de cargos políticos nomeados pola Xunta, e volveu a advertir de que levará aos tribunais a intención da administración galega de contar con dous pavillóns do instituto feiral para dotacións deportivas, o que acabará na “eventual quebra” e “desaparición” do Ifevi.

Nunha rolda de prensa, o rexedor criticou que a Xunta executou cambios no padroado do Ifevi, en base a unha lei autonómica, que levaron a modificar o equilibrio na representación deste órgano. Así, ata agora había un representante do goberno galego, un da Cámara de Comercio, un da CEP, un do Concello, un da Deputación e un da Mancomunidade.

Cos cambios, a Xunta (en virtude do financiamento que achega) pasa a ter 9 representantes, mentres que as outras 5 entidades e administracións manteñen un membro cada unha. “Un escándalo, pero o grave é a quen nomeou”, engadiu o alcalde, que criticou que os representantes da Xunta no padroado sexan directores e secretarios xerais do goberno autonómico, ademais da delegada territorial, “todos políticos”.

Segundo Abel Caballero, esta é a “politización total” do Ifevi, e censurou que o goberno galego non nomease técnicos, ou empresarios relacionados con sectores como o naval, a automoción ou membros de Conxemar. “Hoxe a Xunta invade, está a quedar con Ifevi, (…) crense que é unha colonia e veñen a colonizar”, criticou, e volveu a lamentar que non se acepte no padroado á Zona Franca de Vigo (cuxo pleno el preside, e que ten como delegado a unha persoa da súa confianza, David Regades).

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...