Detido un home en Vigo por malos tratos

O arrestado, de 47 anos de idade, será investigado por malos tratos físicos e psicolóxicos cara á súa parella.

Policía Local / Enrique Martínez

A Policía Local de Vigo detivo a un home, A.B.P.P. de 47 anos de idade, ao que lle constaba unha orde xudicial de localización e detención por malos tratos físicos e psicolóxicos cara á súa parella. Foi este mércores sobre as 15,45 horas cando os axentes tiveron coñecemento de que se ditou dita orde xudicial, polo que comezaron coas xestións necesarias para localizar ao individuo.

Ás 17,00 horas, os actuantes lograron dar co paradoiro do home nas inmediacións da rúa Estrada, polo que procederon á súa detención, informándolle dos motivos da mesma. Foi trasladado a dependencias policiais nun primeiro momento e, posteriormente, presentado en sede xudicial.