InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero, indiferente ante o salto de Feijóo a Madrid: "segue tratando...

Abel Caballero, indiferente ante o salto de Feijóo a Madrid: “segue tratando mal a Vigo”

"Dáme igual", espetou o alcalde olívico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lembrou este xoves que Alberto Núñez Feijóo segue sendo presidente da Xunta e segue “tratando mal” á cidade, que é o que lle “importa”, á vez que afirmou que, como alcalde, dálle “igual” o paso dado polo titular do Executivo galego para presidir o PP en España.

Así, nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, “por agora”, o que Núñez Feijóo fixo é tomar a decisión de optar a presidir o PP en España, e ser “líder da oposición, en suma, ser a oposición en España”. “A min como alcalde dáme igual, o que nos importa é que o presidente da Xunta, que é Feijóo, segue tratando mal a esta cidade”, proclamou, e puxo como exemplos que o goberno galego pretende “tomar o control do Ifevi”, que “Feijóo non quere facer o IES de Navia”, ou que Ryanair “vai voar masivamente desde Santiago e págao a Xunta”.

Por outra banda, insistiu en que lle dá “igual” a decisión política de Feijóo no ámbito do seu partido. “Quen presida o PP e quen lidere a oposición en España dáme igual. Todo o meu respecto polas decisións dos partidos e as decisións do PP cos seus liderados”, engadiu.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...