InicioSociedadeA xustiza confirma a multa a unha muller que estaba sen máscara...

A xustiza confirma a multa a unha muller que estaba sen máscara nunha terraza

Se ben ela presentou recurso ante a sanción, o xuíz indicou que o Concello de Vigo tiña competencia para impor esa multa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo desestimou o recurso presentado por unha muller que foi multada polo Concello de Vigo por estar na terraza dun local sen máscara, e confirmou a sanción imposta.

Os feitos ocorreron na noite do 13 de agosto de 2020, cando axentes da Policía Local observaron a esta muller nunha terraza dun establecemento da zona do Náutico. Os policías pedíronlle que se puxese a máscara e ela negouse en varias ocasións, polo que foi denunciada e impúxoselle unha multa de 80 euros.

A muller presentou recurso por considerar que o Concello de Vigo non tiña competencia para impor esa sanción, pero o xulgado rexeitou dito recurso e confirmou a multa. Na resolución xudicial, o maxistrado sinala que a sanción do Concello é axustada a dereito, posto que a administración municipal ostentaba competencia, por razón de territorio e de saúde pública, para “instruír e sancionar”.

Así, o xuíz lembrou que o Concello ten “competencia en materia sanitaria para controlar actividades, tales como a estancia en espazos de convivencia humana sen cumprir as medidas ordenadas polas autoridades sanitaria”. Respecto diso, apuntou que a terraza dun local aberto ao público, no que se distribúen bebidas e alimentos, é “un lugar de convivencia humana”.

O titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo sinala que o ordenamento xurídico obriga os concellos a “controlar esas actividades neses lugares”, polo que conclúe que terán que contar coa “potestade sancionadora dentro do ámbito das súas competencias”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...