InicioPolíticaAbel Caballero: "Feijóo ven a Vigo a entregar 26 vivendas cando se...

Abel Caballero: “Feijóo ven a Vigo a entregar 26 vivendas cando se precisan 6.000”

"Fixo ben en non convidarnos porque non iamos ir", critica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por visitar a cidade para entregar as chaves de 26 vivendas protexidas, “cando se demandan 6.000”.

En rolda de prensa, Caballero tachou de “tomadura de pelo para a cidade” que Feijóo leve gobernando 13 anos na Xunta e só entregase 62 vivendas protexidas, “cando se demandan uns 6.000” fogares.

Ademais, o rexedor olívico non viu con bos ollos que leve a cabo un acto de entrega de chaves. Ao seu xuízo, deberían enviarse “sen publicidade, por respecto das persoas”. “Fixo ben en non convidarnos porque non iamos ir”, indicou Caballero. O alcalde aproveitou o tema para pór en valor o plan municipal de vivenda que é quen “vai arranxar” a situación que vive Vigo neste ámbito.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...