InicioEconomíaAprobada en Vigo a modificación de crédito para incorporar 46 millóns de...

Aprobada en Vigo a modificación de crédito para incorporar 46 millóns de euros de remanentes

O PP advirte de que a acumulación de remanente "é unha xigantesca bóla de neve" que o goberno local "non é capaz de xestionar".

PUBLICADO O

O Pleno de Vigo aprobou de forma inicial este mércores, co voto a favor do PSOE e os votos negativos de PP, Marea de Vigo e BNG, a modificación de crédito e o suplemento de crédito para incorporar 45,8 millóns de euros de remanentes de tesouraría.

Segundo explicou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, a suma deste diñeiro, procedente dos “aforros do Concello”, servirá para “impulsar aínda máis o investimento produtivo na cidade, mellorar as condicións de vida das persoas e activar a economía“.

O edil socialista explicou que esta modificación orzamentaria forma parte dunha “programación plurianual” do goberno municipal, de maneira que eses case 46 millóns se suman aos recursos ordinarios do orzamento actual (máis de 285 millóns, dos que máis de 40 destinaranse a investimento).

O crédito extraordinario permitirá financiar unhas 60 actuacións en materia de infraestruturas, servizos de desinfección Covid, contratos de escolas infantís municipais, formación, melloras do sector comercio, etc. Jaime Aneiros reiterou que esta medida é posible porque o Concello ten “solvencia financeira”, non ten débedas e pode empregar o aforro que xera “póndoo ao servizo da cidadanía”.

INCAPACIDADE DE XESTIONAR O GASTO

Pola súa banda, o portavoz do PP, Alfonso Marnotes, advertiu de que a acumulación de remanente “é unha xigantesca bóla de neve” que o goberno local “non é capaz de xestionar”, e vaticinou que os fondos adicionais aprobados este mércores non se gastarán neste exercicio.

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, subliñou que a proposta de incorporar estes remanentes “é o resultado directo da falta de xestión do goberno municipal”, e tamén recalcou que non van ser executados este ano.

Mentres, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que o goberno local dedique eses fondos a accións que se supoñen xa financiadas co orzamento ordinario, e a actuacións “inaugurables”, á vez que pediu que se centren os recursos en paliar as consecuencias da crise socioeconómica provocada pola pandemia.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...