InicioVigo e contornaVigoDetido un mozo de Vigo por maltratar física e psicoloxicamente á súa...

Detido un mozo de Vigo por maltratar física e psicoloxicamente á súa parella

Están en trámite de separación.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, O.M.A.L., de 27 anos de idade e da República Dominicana, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por maltratar física e psicoloxicamente á súa parella e nai dos seus dous fillos. Segundo informaron fontes policiais, na noite deste luns unha dotación do 092 desprazouse a un domicilio da rúa Travesía de Vigo tras ter coñecemento dun posible episodio de violencia de xénero.

Ao chegar, os axentes entrevistáronse cunha muller que se atopaba en estado de ansiedade, incapaz de relatar o ocorrido sen porse a chorar, e asustada. Segundo puido explicar, mantiña unha relación co mozo dende había uns 3 anos, froito da cal tiveran dous fillos. Desde a metade da relación, o home comezara a maltratala psicoloxicamente, chegando mesmo ás agresións físicas, todo co fin de obrigala a abandonar a vivenda. Esta situación levou a que a muller tivese que ser tratada por ansiedade e depresión, e xeroulle un gran temor cara á súa parella, da que iniciou os trámites de separación.

A muller explicou que, poucos días antes, el agredíraa e que esa mesma noite tentou entrar no inmoble, provocándolle unha nova crise de ansiedade, ante o temor de ser novamente agredida. Unha amiga que a acompañaba foi a que solicitou a presenza da Policía. A vítima tamén sinalou que, a pesar dos trámites de separación, o home regresaba ao domicilio de forma reiterada, provocando este tipo de situacións violentas. Por estes feitos, os axentes procederon á súa detención, como autor dun suposto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...