InicioCultura"Non teñen información", di Abel Caballero sobre estar Vigo á cola en...

“Non teñen información”, di Abel Caballero sobre estar Vigo á cola en proxectos culturais do Estado

O rexedor da cidade defende que Vigo ten "a máis importante rede de museos municipais" de España malia que ningún centro cultural nin iniciativa da cidade figura no 'Observatorio de la Cultura 2021".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xustificou a ausencia da cidade e os seus proxectos culturais da listaxe de principais iniciativas recollidas no Observatorio da Cultura 2021 porque os promotores do devandito informe “non teñen a información do Concello” e non teñen en conta que Vigo ten “a máis importante rede de museos municipais” de España.

Así respondeu o rexedor a preguntas dos medios sobre ese informe, no que a cidade olívica figura no posto 26 de 34 cidades (Santiago está no 14 e A Coruña no 16), e non ten ningún centro cultural nin iniciativa entre as máis importantes de España. Nese observatorio si figuran eventos e institucións como o Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), o CGAC, a Cidade da Cultura, o festival de Cans, o festival Sinsal, a feira Culturgal ou a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, entre outras.

Segundo Abel Caballero, os promotores do informe “non teñen a información” porque elaboran o Observatorio tendo en conta museos e centros culturais pero non iniciativas municipais, e Vigo ten “a máis importante rede de museos municipais de España de longo”.

De feito, recalcou que a acción cultural na cidade corre a cargo practicamente en exclusiva do Concello. “Nas capitais de provincia os museos páganos as Deputacións, en Galicia, en Santiago ou A Coruña, a Xunta, por iso temos que facer unha Biblioteca do Estado, queremos outras accións, pero a Xunta non as fai en Vigo, nós si”, aseverou.

ASCENSOR HALO

Por outra banda, na rolda de prensa o alcalde confirmou que este venres se aproba en xunta de goberno o proxecto do chamado ascensor HALO, que unirá a zona de García Barbón con Vía Norte e o centro Vialia, cunha pasarela circular elevada e outra pasarela sobre a autoestrada.

Segundo explicou Abel Caballero, o Concello xa conta con todos os informes sectoriais preceptivos, de modo que o próximo paso, tras a aprobación do proxecto, será a aprobación do prego e a licitación da obra (cara a finais deste mes), que conta cun orzamento de máis de 12,6 millóns de euros. “Xa está en marcha o proxecto de ascensor urbano máis importante do mundo. Vai mover a ducias de miles de persoas”, proclamou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...