InicioVigo e contornaVigoDetida en Vigo por agredir a un axente que trataba de impedir...

Detida en Vigo por agredir a un axente que trataba de impedir que conducira ebria

A muller comezou a lanzar golpes tras a inmobilización do seu vehículo.

PUBLICADO O

Unha muller foi detida en Vigo tras agredir a un axente da Policía Local, que trataba de impedir que conducise o seu vehículo baixo os efectos do alcol. Tal como informou o devandito corpo de seguridade, os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando unha persoa alertaba sobre as 21,35 horas de que na praza Suárez Llanos unha condutora estacionara sobra a beirarrúa e trataba de abandonar a mesma, séndolle imposible, xa que se golpeaba co mobiliario urbano.

Unha vez no lugar, a agora detida, E.S.B. de Venezuela e 41 anos de idade, indicou aos actuantes que parara para coller algo no seu bolso, polo que comezou a increpar á Policía para que a deixasen marchar. Cando lle foi requirida a súa documentación, a muller continuou cos insultos, que aumentaron cando se lle informou de que lle ían a facer unha proba de alcoholemia, debido aos “claros síntomas” de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Ademais, ao proceder á inmovilización do vehículo, “debido a que polo seu estado non podía facerse cargo do mesmo”, a muller tratou de subirse ao mesmo e ausentarse do lugar, polo que un axente tratou de impedirllo e acabou recibindo varios “lapotes”. Por iso, foi detida pola suposta comisión dun delito de desobediencia e atentado.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...