InicioSucesosO Hospital de Vigo onde faleceu unha muller terminal sen visitas de...

O Hospital de Vigo onde faleceu unha muller terminal sen visitas de familiares defende a súa actuación

No caso de infección de covid, os pacientes íllanse nunha habitación individual e permítese o acceso dos familiares de forma continuada, sen ningún tipo de límite de horario, mantendo as debidas medidas de protección.

PUBLICADO O

A área sanitaria de Vigo, cuxa directora asistencial é a doutora Susana Cerqueiro e á que pertence o Hospital Álvaro Cunqueiro, saíu en defensa da súa actuación ante o caso da muller que faleceu por unha enfermidade e que previamente tamén se infectou de covid e que, segundo denunciou o seu fillo, só puido recibir a visita da familia cando xa non estaba consciente.

O Sergas, que expresou as súas condolencias, respecto e empatía aos familiares, sinalou que “por razóns de seguridade”, o protocolo interno dos centros hospitalarios restrinxe o acceso de visitas aos pacientes ingresados nas unidades de hospitalización de covid, salvo excepcións como no caso de menores de idade ou pacientes en situacións de dependencia ou fase terminal. Cada situación valórase de forma individualizada por parte dos profesionais.

No caso de infección de covid, os pacientes íllanse nunha habitación individual e permítese o acceso dos familiares de forma continuada, sen ningún tipo de límite de horario, mantendo as debidas medidas de protección.

En canto á denuncia concreta realizada por Manuel Iglesias, e que este venres recolleu o BNG pedindo unha revisión con expertos dos protocolos, a área de Vigo sinala que a paciente, ademais das súas patoloxías previas, infectouse de covid, polo que se ingresou na planta reservada para esta infección, nas “condicións habituais”.

Segundo defende, a familia foi “informada diariamente” da situación da paciente e das circunstancias da súa hospitalización. Aos poucos días do seu ingreso, ante o agravamento do seu estado de saúde, os facultativos indicaron o seu traslado a unha habitación individual para “propiciar o acompañamento familiar, de forma que a familia puido permanecer ao seu lado, en todo momento, durante o últimos catro días” da súa vida.

Así, conclúe que “os profesionais cumpriron en todo momento co protocolo de seguridade do centro“. O fillo de Rosario denunciou que só lles deixaron entrar cando xa estaba inconsciente e pediu que se revisen os protocolos, agora que hai máis dun 90 por cento da poboación vacinada, para que non lle ocorra o mesmo a outras familias.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...