InicioSucesosIntervencións policiais en Vigo para frear os enfrontamentos entre seareiros do Celta...

Intervencións policiais en Vigo para frear os enfrontamentos entre seareiros do Celta e do Raio que deixan varios feridos

Os axentes montaron un dispositivo na zona para poder identificar a persoas que intervirna na pelexa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional tivo que intervir este sábado na contorna do Estadio de Balaídos, en Vigo, debido a un enfrontamento entre seareiros do Celta de Vigo e do Raio Vallecano que deixou varios feridos, aínda que por agora ningún de carácter grave.

Ocorreu, segundo indican fontes policiais, na zona de Praza da Miñoca sobre as 17,30 da tarde, cando apenas faltaba unha hora para que arrincase o partido entre ambos os equipos.

A falta de que a Policía actualice máis datos sobre estes altercados, por redes sociais circulan vídeos onde se pode ver a decenas de persoas lanzando obxectos, provocando danos ao mobiliario urbano e mesmo pelexas entre grupos de individuos.

Os axentes montaron un dispositivo na zona para poder identificar a persoas que intervirna na pelexa.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...