InicioVigo e contornaVigoVigo lembra a histórica folga do 72 na que se desafiou ao...

Vigo lembra a histórica folga do 72 na que se desafiou ao Franquismo

Medio século despois, unha plataforma prepárase para lembrar a mítica mobilización con acto repartidos ao longo de todo o ano.

PUBLICADO O

Medio século dende a histórica folga do ano 72 na cidade de Vigo. O episodio que supuxo unha ruptura e renacer no tocante á mobilización sindical galega foi lembrada nestas últimas xornadas da man do Comité Organizador polo 50 aniversario de Vigo de 1972, unha plataforma constituída ad hoc para lembrar as concentracións e loitas que se produciron neses compases finais da ditadura ao longo deste ano.

A presentación do Comité tivo lugar o pasado martes 1 de febreiro, precisamente ante o emblemático estaleiro en Vulcano, hoxe inmerso nunha situación de incerteza como boa parte do sector naval vigués. Ao acto acudiron históricos activistas obreiros das folgas do 72, así como sindicalistas de hoxe en día. Entre eles estivo, Anxo Padín, un dos membros da Comisión, que foi o encargado de presentar o acto.

Posteriormente, participaron dous dos membros da portavocía colexiada da iniciativa: Abraám Alonso Pinheiro, traballador do metal, membro da Plataforma de Traballadores do Metal e afiliado da CIG, e Guillermo Fontán Feijoó, que formou parte da Comisión Obreira de Ascón, sindicalista da USO durante a folga de setembro do 72, e actualmente é actualmente membro de Modepen (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Diante das portas do estaleiro, déronse a coñecer os motivos e obxectivos polos que é “imprescindíbel” conmemorar esta efeméride, así como todas as actividades previstas ao longo do ano, que culminarán coa inauguración en setembro –mes onde tiveron lugar as dúas semanas de folga– dun grupo escultórico en homenaxe ao proletariado de Vigo.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

O bus urbano alcanzan unha operatividade do 98 % en días laborables tras o fin da folga, segundo Vitrasa

O servizo de bus urbano de Vigo recupera a normalidade tras máis de 3 meses...

Retencións de varios quilómetros na AP-9 ao seu paso por Vigo tras producirse un accidente e unha picada de roda

Un accidente entre un camión e un coche e unha picada de roda doutro...

Ferida unha persoa tras ser atropelada en Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras ser atropelada por un vehículo...