InicioVigo e contornaVigoVigo espera aprobar este mes o proxecto do ascensor Halo e iniciar...

Vigo espera aprobar este mes o proxecto do ascensor Halo e iniciar a licitación

As autorizacións de ADIF e do Ministerio de Transportes van "moi avanzadas", asegura Abel Caballero.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o proxecto construtivo do ascensor Halo, que unirá a rúa Rosalía de Castro con Vía Norte, está xa redactado e listo para a súa aprobación, polo que leste mesmo mes de febreiro podería iniciarse a súa licitación. En rolda de prensa, o rexedor vigués indicou que queda pendente a autorización de ADIF e do Ministerio de Transportes, que van “moi avanzadas” e teranse “de forma inmediata”.

“Temos os recursos, temos o diñeiro e o proxecto. Imos facer un dos grandes ascensores que hai en ningunha cidade de España”, reivindicou Caballero. O alcalde tamén informou de que este martes o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a relación definitiva de solicitudes admitidas para revisión, avaliación e axudas do Ministerio de Transportes con fondos europeos.

Neste apartado, Vigo presentou dous proxectos, ambos os admitidos para avaliación. O primeiro deles consta de catro actuacións, entre elas o ascensor Halo e as ramplas de Gran Vía, que poderían recadar ata 13,3 millóns de euros. O segundo proxecto, que suporía 8,8 millóns de euros, recolle varias actuacións como a humanización de García Barbón, varios ascensores entre rúas ou accesos a colexios, entre outros.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...