InicioSucesosUnha colisión múltiple en Mos sáldase cunha persoa ferida

Unha colisión múltiple en Mos sáldase cunha persoa ferida

Produciuse no punto quilométrico 10 da A-55.

PUBLICADO O

Unha colisión múltiple rexistrada en Mos na que se viron implicados tres vehículos saldouse cunha persoa ferida, que foi trasladada por un equipo médico ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O choque múltiple produciuse no punto quilométrico 10 da A-55, en sentido a Vigo, uns minutos despois das 11,15 horas. Foi entón cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que alertaba do sinistro.

O 112 puxo a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do GES de Mos e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...