InicioVigo e contornaVigoA "situación crítica" da Atención Primaria en Vigo volve ao pleno municipal...

A “situación crítica” da Atención Primaria en Vigo volve ao pleno municipal da man do BNG

Reclaman "maior dotación orzamentaria" para reforzar o servizo.

PUBLICADO O

O BNG de Vigo presentará unha moción para o seu debate no pleno municipal que se celebra este mércores na cidade, na que reclamará unha maior dotación orzamentaria para a Atención Primaria, reforzo de persoal e un cambio de modelo para garantir a atención integral sen demora, así como outras melloras.

Segundo explicou en rolda de prensa o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, as propostas que exporá ao pleno veñen precedidas por unha “decisión polémica e absolutamente irracional”, como foi a restrición a principios de xaneiro da atención en 14 centros de saúde da área sanitaria viguesa debido á gran incidencia de Covid e á falta de persoal facultativo por baixas.

Por iso, a primeira reclamación do BNG na súa moción é “que non se volvan a aplicar restricións” nos centros de saúde, e lamentou que, “de novo”, a área de Vigo foi tratada como “banco de probas” e “zona cero” das “políticas de recorte do PP”. Pérez Igrexas advertiu de que a Atención Primaria na área sanitaria de Vigo está “en situación límite, e ao bordo do colapso” polos continuados recortes, e que a pandemia de Covid só veu a agravar os problemas que xa existían: falta de médicos e doutros profesionais, condicións laborais precarias, ausencia de servizos, etc.

O edil nacionalista subliñou que a Xunta debe acometer cambios, para o que só é necesaria “vontade política”, e reclamou, entre outras medidas, un novo modelo de atención que aposte polos equipos muldisciplinares, cun número suficiente de persoal, e cunha carteira de servizos que se estenda á psicoloxía clínica, terapia ocupacional, nutrición, podoloxía, etc.

Na súa moción, o BNG tamén esixe aumentar o orzamento destinado a atención sanitaria, facer un plan de reordenación dos recursos humanos para detectar as carencias de persoal, facilitar o acceso a probas diagnósticas, dotar á Primaria de estrutura organizativa independente ou contratar ao persoal suficiente (non só sanitario) para garantir unha atención presencial e sen demoras.

No caso concreto de Vigo, Pérez Igrexas pediu máis medios para a PAC de Pizarro e a apertura doutra dúas PAC, un na zona de Teis e outro e en Coia-Navia. Así mesmo, insistiu na necesidade de que haxa máis centros de saúde na cidade e lamentou a “basta propaganda” da Xunta en torno ao anunciado CIS Olimpia Valencia (que se construirá no actual edificio dos xulgados), por non aclarar se se incorporarán novas consultas ou se limitarán a trasladar as que xa existen noutros centros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...