InicioVigo e contornaVigoPiden 10 anos de cárcere para o home que recoñeceu abusar sexualmente...

Piden 10 anos de cárcere para o home que recoñeceu abusar sexualmente da súa sobriña en Vigo

A menor tiña 16 anos no momento dos feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía modificou a súa acusación con respecto a un home que foi xulgado en Vigo este martes e que recoñeceu abusar sexualmente da súa sobriña. Así, o ministerio público solicita que sexa condenado a 10 anos de cárcere por un delito continuado de abuso sexual, en lugar dos 15 anos de prisión que pedía por un delito de agresión sexual.

Na vista, celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede na cidade olívica) a porta pechada, o acusado recoñeceu os feitos e, ademais da pena de prisión, a Fiscalía pediu a medida de liberdade vixiada para el por un delito continuado de abuso sexual sobre menor de 16 anos.

O procesado admitiu abusar sexualmente da súa sobriña, cando esta acudía a casa dos seus avós (onde residía o acusado). Así, aproveitaba as visitas da nena para atraela á súa habitación con xoguetes ou outras escusas, e alí, tras pechar a porta, cometía os abusos sexuais.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...