13 grupos participan no IV Certame de Rondallas de Vigo, que regresa tras un ano de parón pola covid

O certame contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asisten ao IV Certame de Rondallas de Vigo / Xunta de Galicia.

Un total de 13 agrupacións musicais participaron este domingo no IV edición do Certame de Rondallas de Vigo, un evento que volveu tras un ano de interrupción pola pandemia.

Ademais, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Trátase dun certame que conta co apoio da Administración autonómica para, tal e como destaca nun comunicado, “apoiar e promover a conservación da cultura popular e de base”.

Neste evento actuaron un total de 13 rondallas procedentes de distintas parroquias de Vigo —Beade, Bembrive e Valadares–, así como de concellos da área metropolitana –como Gondomar, Tui, Nigrán e Mos–.