InicioVigo e contornaVigoA proposta de Vigo para Fitur: Cíes Patrimonio da Humanidade e o...

A proposta de Vigo para Fitur: Cíes Patrimonio da Humanidade e o Nadal

"Imos facer coa nosa presentación e coa ministra de Turismo connosco un eixo central para o lanzamento da afluencia turística á cidade", subliñou o alcalde Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cíes Patrimonio da Humanidade e o Nadal de Vigo serán os núcleos centrais da proposta que a cidade presentará este xoves na Feira Internacional do Turismo (Fitur) que este mércores comeza en Madrid.

Tal como informou o alcalde, Abel Caballero, a partir das 16,00 horas, o propio Caballero estará acompañado da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, para mostrar ao mundo a cidade de Vigo.

O lugar elixido polo Concello será a caseta de Turespaña, “a sede turística máis importante de todo Fitur”, segundo destacou o rexedor vigués. “Queremos que teña importancia a proposta de Vigo”, engadiu, tras agradecer a Maroto a súa asistencia.

En concreto, a presentación de Vigo terá dous eixos principais: Cíes Patrimonio da Humanidade e o Nadal. Entre as dúas desenvólvese gran parte do turismo que a cidade recibe cada ano. O slogan que se utilizará será ‘Vigo, o mundo na cidade’, xa que a urbe sitúase como o escenario compartido tanto do Nadal como do arquipélago.

Caballero destacou a relevancia mundial das Illas Cíes, “que aparecen nos principais xornais de todo o planeta”, así como do Nadal de Vigo, “que aparece en todos os xornais do mundo, os máis importantes e os menos importantes”.

“Imos facer coa nosa presentación e coa ministra de Turismo á beira un eixo central para o lanzamento da afluencia turística á cidade”, subliñou o alcalde, que indicou que en termos relativos sobre a poboación e a economía, o turismo que recibe Vigo é “colosal”. “Ademais é un turista que gasta”, subliñou Caballero, mostrando o seu orgullo ao comentar que Vigo recibiu máis de cinco millóns de visitantes no último Nadal.

Entre outros detalles, o acto de presentación da oferta turística de Vigo en Fitur 2022 contará coa presenza das xornalistas viguesas Paula Montes (TeleVigo e RadioVigo-Cadea Ser) e Alba Lago (Informativos Telecinco).

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón unha declaración institucional para condenar o ataque de Israel á flotilla humanitaria

O BNG de Vigo anunciou que este mércores levará á xunta de portavoces do...

Abel Caballero acusa a Deputación de Pontevedra de reter seis millóns de euros para obras dixitais e a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, abriu este martes unha nova fronte contra a...

Sanidade inviste 1,8 millóns de euros na nova área de cirurxía maxilofacial do Hospital Meixoeiro

A Consellería de Sanidade adxudicou por case 1,8 millóns de euros as obras da...

CIG volve manifestarse para pedir un novo convenio do metal con críticas a UGT e Comisións por “venderse”

A Confederación Intersindical Galega (CIG) saíu de novo este martes á rúa en Vigo...