InicioVigo e contornaVigoAs obras do novo viario de Vigo podería obrigar a derrubar até...

As obras do novo viario de Vigo podería obrigar a derrubar até 11 vivendas

O Concello comprométese a reubicar aos afectados nunha zona "próxima".

PUBLICADO O

O novo viario de Vigo, que conectará a A-55 coa rúa Clara Campoamor, afectará a entre 4 e 11 vivendas, polo que o Concello tratará de recolocar aos veciños preto das súas casas actuais. Así o sinalou este mércores en rolda de prensa a cuarta tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María José Caride Estévez, quen recoñeceu que esta nova estrada, que se recolle no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) creou unha oposición veciñal coa creación dunha plataforma na súa contra.

Neste sentido, sinalou que máis do 50% deste viario, que terá unha lonxitude dun catro quilómetros, circulará a través de túneles ou viadutos, “tentando minimizar o impacto que produce sobre a contorna”.

Caride quixo contextualizar que este viario, que pasa polas parroquias de Castrelos, Beade e Bembrive, entre outras, afectará a entre 4 e 11 vivendas. “O grao de afectación a chan residencial é un grao que está acoutado”, reivindicou, tras o que engadiu que “obviamente” os veciños teñen que ser atendidos.

Neste aspecto, explicou que o Concello buscará a posibilidade de que os afectados poidan recolocarse na súa contorna, dando a posibilidade de crear chans urbanizables ou chans urbanos non consolidados, dos cales será o propio concello o promotor e que permitirá ás persoas trasladarse a el.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...