InicioPolíticaOs populares vigueses cualifica de "preocupante" o descenso de habitantes da cidade...

Os populares vigueses cualifica de “preocupante” o descenso de habitantes da cidade e o PSOE atribúeo á pandemia

"Ademais, o PXOM non vai solucionar este problema, porque é unha chapuza", lamentou o portavoz local do PP, Alfonso Marnotes, tras explicar que Caballero leva anos prometendo que Vigo chegará aos 300.000 habitantes.

PUBLICADO O

O portavoz municipal do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, tachou de “preocupante” a caída da poboación na cidade, que pasou de ter 296.692 habitantes en 2020 a 293.837 habitantes en 2021, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Neste sentido, os populares consideraron que o alcalde, Abel Caballero, “non está a facer nada” para atraer poboación, “coa vivenda máis cara de Galicia” e cos impostos “máis caros” da Comunidade.

“Ademais, o PXOM non vai solucionar este problema, porque é unha chapuza”, lamentou Marnotes, tras explicar que Caballero leva anos prometendo que Vigo chegará aos 300.000 habitantes.

Estas palabras tiveron resposta do concelleiro socialista Abel Losada, que mostrou a súa sorpresa co discurso de Marnotes, xa que, ao seu xuízo, “mostra o descoñecemento das dinámicas demográficas” actuais.

Segundo el, a pandemia provocou que nos países desenvolvidos a poboación estea a desprazarse das cidades a zonas máis rurais. Ademais, aproveitou para criticar ao PP e á Xunta de Galicia, por “boicotear” a área metropolitana de Vigo que, de existir, serviría para aproveitar mellor a nova distribución da poboación.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...