InicioSociedadeOs procuradores de Vigo incorporan un novo xerente ante a alta carga...

Os procuradores de Vigo incorporan un novo xerente ante a alta carga de traballo

Trátase José Marquina, que exerce dende 1992.

PUBLICADO O

O Colexio de Procuradores de Vigo incorporou a José Marquina como novo xerente ante o aumento da carga de traballo e para seguir promovendo a súa actividade e pór en marcha novos proxectos. Un deses proxectos é crear unha xestora para tramitar, desde o Colexio, todos os mandamentos aos rexistros de toda España, co obxectivo de apoiar aos procuradores no seu traballo máis burocrático.

Tamén se impulsarán outros servizos aos despachos de procuradores, como cobertura técnica informática, apoio fiscal ao pechar os trimestres e todo o asesoramento que necesiten. “Atráeme moito o dinamismo do Colexio de Vigo e estou moi ilusionado coas miñas novas responsabilidades, xa que levo desde 1991 traballando man a man con moitos procuradores”, indicou Marquina.

ESCRITOS XESTIONADOS

Os procuradores de Vigo elaboraron en 2021 ata 109.371 escritos, un 24,4% máis que os xestionados en 2019, antes de que a pandemia do Covid-19 comezase. Segundo indicou o Colexio nun comunicado, cunha media de 436 escritos diarios, os profesionais impulsaron a súa actividade o ano pasado, despois de que o estalido do Covid-19 supuxese a paralización dos xulgados entre marzo e maio de 2020.

No referente ás notificacións, as comunicacións dos xulgados que son tramitadas polos procuradores como intermediario entre a Xustiza e o seu cliente, os profesionais xestionaron 557.764 notificacións, un 8,2% máis que en 2019.

“Parece que volvemos á normalidade se temos en conta a carga de traballo, pero a normalidade nos xulgados aínda non existe. Seguimos coas mesmas medidas restritivas que ao comezo, especialmente nos xulgados de primeira instancia, e entorpécese moito o noso traballo”, explicou a vicedecana dos procuradores vigueses.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...