InicioCulturaAberto o prazo de inscrición de filmes no Galician Freaky Film Festival

Aberto o prazo de inscrición de filmes no Galician Freaky Film Festival

A inscrición está aberta ata o 13 de xuño.

PUBLICADO O

Cineastas de calquera nacionalidade poden xa enviar as súas pezas máis ‘freaks’ ao GFFF, que acaba de abrir o proceso de selección dos filmes que se proxectarán na súa sexta edición. Terror, fantasía, ciencia ficción e parodia dos mesmos xéneros son as temáticas máis aprezadas pola organización e seña de identidade do certame de cinema underground e gamberro da cidade de Vigo.

A inscrición está aberta ata o 13 de xuño e é gratuíta a través dalgunha das canles facilitadas polo certame: un formulario na súa web , ou na plataformas Festhome. Poderán participar traballos realizados en 2020 e posteriores, de calquera nacionalidade e idioma (subtituladas en galego ou castelán) e sen límite de traballos por autor. Para as curtas, a duración máxima será de 30 minutos e para as longas de 120. Aquí poden consultarse as bases completas.

Os filmes seleccionados pasarán a formar parte da sección oficial da sexta edición do Galician Freaky Film Festival, que se celebrará entre o 23 de setembro e o 1 de outubro de 2022 e optarán a algún dos 8 premios que o certame reparte, outorgados polo público e por un xurado especializado. Ademais das devanditas categorías (terror, fantasía, ciencia ficción e humor) o certame tamén busca filmes dirixidos a público infantil xa que, desde o ano pasado, conta cunha xornada dirixida a inculcar a paixón pola sétima arte no público infantil: o Pequefreak.

O Galician Film Festival viu incrementado ano a ano o número de obras recibidas na súa convocatoria. Na pasada edición inscribíronse case 700 obras, 300 máis que o ano anterior, un claro indicativo do seu posicionamento no circuíto cinéfilo. Os filmes chegaron de países como Rusia, China, Arxentina, Países Baixos, Perú ou Alemaña, así como medio centenar de producións galegas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...