InicioSociedadeA Xunta pedirá a licencia de primeira ocupación da Cidade da Xustiza...

A Xunta pedirá a licencia de primeira ocupación da Cidade da Xustiza de Vigo

Os fiscais vigueses terán á súa disposición unha planta do edificio, cunha superficie de máis de 2.300 metros cadrados, onde estarán situados ata 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas ou salas de toma de declaracións.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia pedirá este mes ao Concello de Vigo a licenza de primeira ocupación da Cidade da Xustiza, coa obra xa superando o 98% da súa execución, segundo avanzou este venres o vicepresidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda.

Así o sinalou Rueda nunha visita ás novas instalacións xudiciais de Vigo despois de presidir, xunto co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, a Comisión Mixta de Coordinación con Fiscalía.

Neste sentido, os fiscais vigueses terán á súa disposición unha planta do edificio, cunha superficie de máis de 2.300 metros cadrados, onde estarán situados ata 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas ou salas de toma de declaracións.

Alfonso Rueda indicou que a nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e que se trata da obra xudicial “máis importante da historia” de Galicia, tras un investimento de máis de 42 millóns de euros por parte da Xunta.

Xa falta menos para que este representativo e emblemático edificio da cidade olívica volva ter uso e arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca necesita“, engadiu Rueda, en relación a que o novo edificio xudicial é froito da rehabilitación do antigo Hospital Xeral da cidade.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...