InicioSociedadeMáis de 10.000 menores de entre 5 e 7 anos recibirán a...

Máis de 10.000 menores de entre 5 e 7 anos recibirán a primeira dose contra a covid en Vigo desde este martes

A partir do mércores, día 12 de xaneiro, tamén se realizarán test de antíxenos en varios concellos da área sanitaria de Vigo, como é o caso de Cangas ou Tomiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) citará a uns 10.600 nenos de entre 5 e 7 anos en Vigo para recibir a primeira dose da vacina contra o Covid-19 desde este martes, día 11 de xaneiro, ata o vindeiro xoves, en horario de tarde.

Tal como indicou o Sergas, tamén o sábado, en horario de mañá, estes nenos serán inoculados no Ifevi. Desta maneira, a vacinación infantil continúa de forma simultánea coa terceira dose do grupo etario de entre 40 e 49 anos. En total, esta semana están convocadas unhas 34.500 persoas.

En relación coas probas de diagnoses, a partir do mércores, día 12 de xaneiro, tamén se realizarán test de antíxenos en varios concellos da área sanitaria de Vigo, como é o caso de Cangas ou Tomiño. Será necesario cita previa, que se pode solicitar en ‘https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx’.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...