InicioVigo e contornaVigoConvocada unha folga de tres días na planta de Bosch en Vigo...

Convocada unha folga de tres días na planta de Bosch en Vigo contra a “precarización laboral”

Máis de 1.500 traballadores do 'call-center' están chamados a secundala.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 1.600 traballadores do servizo de ‘call center’ de Bosch en Vigo están convocados a tres xornadas de folga para denunciar a “precarización laboral” que, aseguran os sindicatos, pretende impor a empresa, cunha “modificación substancial” das condicións de traballo que afecta a uns 400 empregados.

Os paros, de 24 horas, están convocados para este mércores, o venres e o luns e, segundo denunciou a CIG, son unha medida de presión e protesta ante a intención da empresa de modificar as condicións laborais de 400 traballadores, aos que se lles pretende aplicar cambios nos seus horarios ou reducións de xornada, “sen respectar a concreción horaria por garda legal”, segundo sinalou o presidente do comité, Xulio Paramos.

Así mesmo, o representante dos traballadores advertiu de que este conflito ten a súa orixe nunha decisión previa de Bosch, que pretendía aplicar un ERE a 90 empregados, alegando unha suposta adaptación do persoal ás necesidades dun servizo pendente de concurso (sen ter a seguridade de que devandito servizo, de Vodafone, se lle fora ser adxudicado).

A empresa finalmente retirou o expediente regulatorio, pero presentou unha proposta de modificación substancial das condicións de traballo, segundo a CIG, que advertiu de que non aceptará eses cambios “porque supoñen precarizar aínda máis as condicións de traballo”. Ademais dos paros, este vienres está convocada unha concentración diante das instalacións de Bosch na rúa Barxa do Covelo, de 12,00 a 13,00 horas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...