InicioSociedadeAs previsións de choiva atrasan a Cabalgata de Vigo, que só terá...

As previsións de choiva atrasan a Cabalgata de Vigo, que só terá ‘pases’ para a tarde

O Concello fará público o horario da celebración "estática" este mércores.

PUBLICADO O

As previsións de choiva para este mércores obrigaron ao Concello de Vigo a atrasar ata a tarde os ‘pases’ para a Cabalgata estática dos Reis, segundo comunicaron fontes municipais. Aínda que inicialmente esperábase poder manter as visitar durante, polo menos, parte da mañá, o prognóstico do tempo apunta chuvascos para esas horas, polo que o Concello confirmou que a Cabalgata “en ningún caso comezará antes das 14,00 horas”.

Segundo confirmou este martes o alcalde da cidade, Abel Caballero, xestionáronse uns 20.000 pases (cada pase servirá para un máximo de 6 persoas). En todo caso, aquelas persoas que teñan reservada a visita para a mañá poderán acudir a ver aos Magos de Oriente pola tarde, aínda que a organización recomendou que o fagan ou ben antes das 16,00 horas ou a partir das 20.00 horas (a Cabalgata estará operativa ata as 21,30 horas) “para evitar aglomeracións” e que non coincidan estas visitas coas programadas para a tarde. O Concello comunicou que, no entanto, este mércores informará o horario definitivo de inicio da Cabalgata, cando haxa máis seguridade acerca das previsións meteorolóxicas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...