InicioCulturaUnha exposición lembra a pegada do arquitecto Michel Pacewicz en Vigo

Unha exposición lembra a pegada do arquitecto Michel Pacewicz en Vigo

A mostra, impulsada polo Colexio oficial de Arquitectos de Galicia e o Concello de Vigo, pode visitarse no centro comercial Vialia.

PUBLICADO O

Vigo acolle unha exposición sobre o arquitecto francés de orixe polaca Michel Pacewicz, autor de edificios emblemáticos da cidade, na que desenvolveu os seus últimos 17 anos de actividade profesional, con motivo do centenario do seu falecemento.

O alcalde, Abel Caballero, participou este luns na inauguración da mostra sobre Michel Pacewicz, nacido en Francia en 1843 e falecido en Vigo en 1921. A mostra, denominada ‘Exposición polo centenario do falecemento de Michel Pachewicz’, foi impulsada pola Delegación de Vigo do Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Concello.

Así, o centro comercial Vialia acolle paneis informativos sobre a figura do arquitecto que contan con texto e imaxes da súa obra. A iniciativa conta cun orzamento de 14.000 euros e busca lembrar a figura deste profesional, que deixou en Vigo obras como o edificio Moderno, a Escola Municipal de Artes e Oficios, a Casa Yáñez, as Casas de Oya e a Casa Rosendo.

Por outra banda, en rolda de prensa, o rexedor olívico explicou que o Concello renovará a iluminación do Monte da Guía cun investimento de 395.000 euros, un proxecto de mellora que espera o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...