InicioEconomíaVolta da Zona Franca á súa sede en Areal que será "punto...

Volta da Zona Franca á súa sede en Areal que será “punto de encontro” cidadán

Pola súa banda, o alcalde de Vigo e presidente do pleno de Zona Franca, Abel Caballero, valorou o labor de recuperación do patrimonio e o feito de que, agora, "Zona Franca entra no corazón da cidade" para manter o seu labor como "gran movilizadora da economía".

PUBLICADO O

A Zona Franca de Vigo abriu simbólicamente este martes as portas da súa nova sede, na rúa Areal, nas instalacións adquiridas ao Concello olívico e que antes foron vivenda (a finais do século XIX), sede do Banco de España, do Goberno Militar ou do reitorado da Universidade de Vigo, ás que se suma o edificio anexo onde estivo a sede da Deputación.

Así, tras o descubrimento dunha escultura de Andrés Conde, chamada ‘O abrazo’, o delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, proclamou que a institución “volve ás súas orixes” na zona de Areal e que a nova sede (na que investiu 6,3 millóns de euros) non só albergará oficinas de Zona Franca, senón que cederá espazos para o seu uso por entidades sociais e empresas, para fomentar a actividade sociocultural, o crecemento económico e a creación de emprego.

Regades puxo en valor a recuperación arquitectónica do edificio e do patrimonio da cidade, despois de anos nos que os sucesivos gobernos locais “destruían” ese patrimonio. “Estamos a achegar a Zona Franca á cidade”, destacou, e lembrou que este organismo seguirá coa súa actividade de recuperación de edificios emblemáticos, coa posta a disposición dun inmoble no Casco Vello para a Asociación Down Vigo ou coa rehabilitación da Panificadora.

Segundo incidiu, a sede de Zona Franca en Areal será “un punto de encontro” para a sociedade civil e a económica. Mentres, as dependencias que quedaron liberadas en Bouzas xa están ocupadas ao 80 % por empresas “que xeran emprego e riqueza” e, coas rendas deses alugueres, a reforma do edificio de Areal “estará amortizada en menos de 10 anos”.

ZONA FRANCA “NO CORAZÓN DA CIDADE”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo e presidente do pleno de Zona Franca, Abel Caballero, valorou o labor de recuperación do patrimonio e o feito de que, agora, “Zona Franca entra no corazón da cidade” para manter o seu labor como “gran movilizadora da economía”.

Así, tras afirmar que o organismo estatal “ten agora o maior dinamismo que tivo nunca” na cidade, lamentou que é a Zona Franca a que promove a creación de chan industrial en Vigo, mentres que a Xunta de Feijóo “non fixo nin un metro cadrado”.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou como Regades e o alcalde “falaron con paixón” de recuperar o edificio de Areal, tras o traslado da sede do organismo provincial á rúa Eduardo Chao, coa idea de “enchelo de actividade” e de que “a cidade se apropiase” dese novo espazo.

“Estamos de parabén, non esperaba de tí algo que non fose extraordinario (…), e sabía que o alcalde non aceptaría algo que non fose de matrícula de honra”, proclamou, dirixíndose a Regades e ao rexedor olívico, antes de asegurar que a nova sede de Zona Franca será “un enorme revulsivo para a cidade e un orgullo para a sociedade”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...