InicioSociedadeFernández-Tapias compromete aceptar o resultado do congreso do PP de Vigo

Fernández-Tapias compromete aceptar o resultado do congreso do PP de Vigo

O outro candidato, Javier Guerra, valorou a participación na súa campaña.

PUBLICADO O

A candidata á Presidencia do PP de Vigo Marta Fernández-Tapias comprometeu aceptar o resultado do XIII Congreso Local, do que este sábado sairá elixido o próximo líder do partido na cidade, mentres o outro aspirante, Javier Guerra, valorou a participación na súa campaña.

“Pase o que pase, non lle botarei a culpa ao árbitro, non porei escusas, non amagaré con irme a outro partido”, asegurou a delegada territorial da Xunta en Vigo, que remarcou a necesidade de “un partido forte e unido”. Así, advertiu de que “non caberán nin as queixas nin as lamentacións” tras a celebración do Congreso Local.

Neste sentido, referiuse ao congreso de 2016 —no que Guerra perdeu fronte á actual senadora Elena Muñoz— para chamar a “aprender dos erros” e “non repetir actitudes que non favorecena ninguén”.

“Este congreso non é de ninguén máis que da militancia, as bases son as que van falar e decidir que é o que queren o próximos catro anos á fronte da formación”, aseverou. “A partir de aí, con independencia de quen sexa o gañador, todos debemos remar na mesma dirección”, insistiu Fernández-Tapias.

Nesta liña, a candidata a presidir o PP vigués sinalou que este partido “non é de ninguén que non sexan os seus afiliados”, respecto dos que destacou o seu compromiso e que considerou “esenciais” para o modelo que expón. Así mesmo, explicou que a formación debe “recuperar o terreo perdido” e situarse “como unha alternativa crible e confiable para os vigueses” para dar resposta ao “cambio” que “a militancia e a cidade piden”.

Pola súa banda, o exconselleiro e actual senador valorou a participación na campaña de face ao Congreso e “a ilusión” das persoas que lle acompañaron durante o proceso e que asistiron ás reunións da súa candidatura.

Precisamente, lembrou encontros como o celebrado con afiliados implicados nas políticas de igualdade, o que tivo lugar xunto a mozos de Novas Xeracións, outro dedicado a autónomos e emprendedores e o que concentrou a concelleiros do PP no sete últimas corporacións.

Do mesmo xeito, Javier Guerra destacou “o apoio e a valentía” dos edís do PP, cos que sinalou que tivo “a honra de percorrer este camiño”, que prometeu que continuarán “xuntos” para “pelexar polo obxectivo de recuperar o apoio maioritario da cidadanía de Vigo”.

Así mesmo, afirmou sentirse “orgulloso” de “formar parte dun equipo que achegan ilusión e optimismo” e augurou que co seu equipo “o Partido Popular de Vigo pode aspirar ao mellor dos futuros”.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...