InicioVigo e contornaVigoVigo terá conexión de alta velocidade con Oporto, pero non antes de...

Vigo terá conexión de alta velocidade con Oporto, pero non antes de 2040

A UE impulsará o trazado como parte da súa rede de transportes.

PUBLICADO O

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, informou de que a Comisión Europea acaba de presentar a súa proposta de novo regulamento da rede transeuropea de transporte –que deberá ser referendada polo Consello Europeo e polo Parlamento Europeo– que inclúe o tramo de alta velocidade Vigo-O Porto “como parte do corredor de rede central ampliada” no marco do Corredor Atlántico.

Na comisión de Ordenación Territorial, Mestre sinalou que o pasado martes se produciu esta “moi boa noticia” para Galicia, que supón un apoio “moi importante” a unha petición realizada polo Goberno galego. Deste xeito, a Comisión Europea busca adiantar a finalización das principais partes da rede antes do prazo de 2050, de forma que para 2040 deberán completarse novas conexións ferroviarias de alta velocidade entre Vigo e O Porto.

En resposta a unha pregunta do PPdeG na comisión, o director xeral de Mobilidade informou de que está previsto que entre xaneiro e febreiro estea listo o plan de acción de infraestruturas loxísticas para os próximos anos en Galicia, tras diversas achegas do sector e entidades como os portos, que será remitido ao Goberno central.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...

Un milleiro de bailaríns, inscritos xa na XII edición de Vigo Porté, que traerá danza e música ás rúas da cidade a finais de...

Un milleiro de bailaríns inscribíronse xa na XII edición de Vigo Portei, desde que...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

"Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" organiza...